XORNADAS DE FORMACIÓN-O VALOR ENGADIDO A PRODUCIÓN AGRARIA

 

O GDR19 Asociación Terras de Compostela, no marco do proxecto de Cooperación PAISAXES INTELIXENTES cos grupos GDR Ribeira Sacra-Courel, Deloa, Asdecomor e GDR Costa da Morte, realizará unhas Xornadas de Formación orientadas ao VALOR ENGADIDO DA PRODUCIÓN AGRARIA.

As xornadas formativas:

Primeira xornada,o vindeiro 25 de Setembro  no Centro Social Polivalente do Concello de Brión en horario de 9:30 ata a 13:30 horas. Tratará sobre BARREIRAS DE ENTRADA NOS MERCADOS, onde se analizaran as gamas de productos e as existencias de etiquetado das diferentes presentación. As esixencias normativas para a comercialización nas diferentes ventas, venta directa, canles curtas, mercado nacional e internacional.

Tamén se fará un percorrido pola diferentes figuras de calidade que se poden empregar no sector agroalimentario, artesania alimentaria, IXP e DOPs. Produción ecolóxica, etc.

Segunda xornada, con data o 2 de Outubro no Centro Social Polivalente do Concello de Brión en horario de 16:30 ata a 20:30 horas. Tratará sobre ESTRATEXIA COMERCIAL, onde se reflexionara sobre o obxetivo do proxecto comercial, facendo hincapé nas diferentes motivacións para ser produtores, as vocacións e o camiño percorrido ata chegar a entrar no mercado.

Analizaranse as tres fases claves da comercialización ¿que?, ¿como?,¿para que?

Realizarase unha practica coas ferramentas DAFO para analizar o entorno comercial.

Revisaranse os mapas de alertas  comerciais e o camiño que se elixe, dende o propio proceso produtivo. Finalmente valoraranse cales son as principais vías de saída.

Terceira xornada,con data 9 de Outubro  en horario de 16:30 ata 20:30 horas, realizarase  unha VISITA ÁS HORTAS DO FOGAR DE SANTISO, onde se realizará un percorrido polas instalacións do Fogar do Santiso, ,para coñecer o sistema de produción pechado, dende a recuperación e compostaxe dos residuos dos residuos orgánicos, o seu emprego como base da fertilización das hortas, os cultivos, as instalacións e o peche do ciclo nos propios restaurantes.

UBICACIÓN: https://g.co/kgs/Wn1gsc

 

A continuación mostramos o enlace da INSCRICIÓN da formación:   https://forms.gle/b8Rgc6FvLB3T7sEr7