Asociación Terras de Compostela

Proxectos orientados a contribuír ao desenvolvemento integral do territorio

GDR Terras de Compostela

O GDR Asociación Terras de Compostela, é unha entidade sen ánimo de lucro, local e multisectorial que reúne axentes públicos e privados para deseñar e implementar estratexias de desenvolvemento sostible no medio rural, co fin de mellorar as condicións de vida, xerar emprego e riqueza, proporcionar servizos e instalacións e poñer en valor o patrimonio rural e o medio ambiente.

Xestionamos proxectos financiados por programas e iniciativas europeas como LEADER, que teñen como obxectivo reter a poboación e combater o despoboamento rural.

Destino Fluvial

Máis aló da súa riqueza piscícola, as características destes ríos garanten a presenza dunha variada fauna e dunha flora ripícola exuberante e diversa, composta por plantas e árbores de ribeira e especies acuáticas de gran vistosidade, pero tamén a existencia dun importante patrimonio descoñecido de muíños, pontes, pesqueiras, represas, canles, etc. de indudable interese. 

A isto hai que sumarlle os actuais sendeiros á beira dos ríos, que aproveitan en moitos tramos os antigos camiños dos pescadores, así como as áreas recreativas fluviais, dotadas de moitos servizos, ou as praias e zonas de baño, e tamén os treitos aptos para a práctica de deportes de aventura acuáticos. 

Novas

Conecta
Contacto

Cibran, nº 4 – San Xian de Sales
15885 VEDRA
E: info@terrasdecompostela.org
T: 981 818 357

Calidad