Terras de Compostela

Quen somos

A Asociación Terras de Compostela nace no ano 2008, como unha asociación sen ánimo de lucro, creada co obxetivo de impulsar o desenvolvemento social e económico da súa zona de actuación que abrangue 10 concellos: Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Negreira, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.

Está constituída por entidades asociativas do ámbito agrogandeiro, forestal, medioambiental, social, cultural, veciñal, deportivas, económico-profesional, mulleres, mozos e entidades públicas.

A Asociación Terras de Compostela (GDR 19), é a entidade colaboradora de AGADER na xestión da intervención Leader PEPAC 2023-2027 (liña de axudas para a execución de operación en apoio de terceiras persoas) cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

Obxectivos

A asociación constitúese coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación, para acadar os seguintes fins:

  • Vertebrar os diferentes sectores socioeconómicos e constituír un foro de debate continuo sobre os problemas da zona, prestando especial atención aos mozos, ás mulleres, á protección do ambiente e á creación de emprego

  • Sensibilizar as administracións locais, autonómica e estatal, así como as institucións comunitarias europeas, canalizando as demandas da poboación do territorio, co obxecto de optimizar o aproveitamento dos recursos endóxenos da zona de cara ao seu desenvolvemento harmónico e integral.

  • Ser centro receptor e distribuidor de toda a información relativa ao desenvolvemento socioeconómico do medio rural, tanto a nivel nacional coma internacional, centrándose esta labor principalmente no coñecemento dos recursos e promoción de proxectos e iniciativas de interese para lograr un desenvolvemento harmónico, equilibrado, endóxeno, sostible e integral.

  • Posibilitar entre os asociados e outros interesados o intercambio de experiencias e metodoloxías de animación e desenvolvemento socioeconómico.

  • Potenciar, revalorizar e preservar os recursos naturais, culturais, históricos e artísticos da zona.

  • Concienciar á poboación da necesidade de protexer o ambiente e o contorno rural, e tomar parte activa niso, mediante actividades orixinais e innovadoras.

  • Formular e transmitir á poboación a estratexia adecuada para lograr o desenvolvemento da zona, así como promover a súa aplicación.

  • Articular unha dinámica de participación que facilite o desenvolvemento tanto social como económico.

  • Fomentar o turismo como sector de actividade sostible nas áreas rurais como medio para aproveitar os recursos dos territorios locais.

  • A conservación, a recuperación, promoción e difusión do Camiño de Santiago e outros itinerarios culturais

Descarga os estatutos

Socios

A Asociación Terras de Compostela, na actualidade está integrada por un total de 34 socios, dos que 25 son entidades e asociacións de carácter privado e 9 restantes son socios de carácter público

Mesas
  • Mesa  Agraria, Gandeira, Forestal e Medioambiental

  • Mesa Deportiva Recreativa, Cultural 

  • Mesa Asociacións Veciñais

  • Mesa de Asociacións de Carácter Social

  • Mesa de Asociacions de Mulleres

  • Mesa Asociacions Xuvenis

  • Mesa de Asociacións Empresariais

  • Mesa sector Público

Asóciate

Principio de Portas Abertas

Todas aquelas entidades que queiran formar parte da Asociación Terras de Compostela deben primeiramente, completar a solicitude e a ficha de alta como socio con todos os datos , xunto coa seguinte documentación que será remitida a Asociación Terras de Compostela:

→Acodo adoptado polo órgano competente polo que se designa ao representante na Asociación

→Copia de Estatutos/ Escritura de Constitución,

→Memoria de actividades do último ano

→Ficha de socio debidamente cumprimentada.

Modelo de Solicitude
Modelo Ficha socio

Para adquirir a condición de asociado haberá que presentar unha solicitude de ingreso xunto coa seguinte documentación:

  • Acordo do órgano competente da entidade que exprese a vontade de ser asociado
  • Acordo do órgano competente nombrando a persoa que a representará na asociación e  o seu substituto
  • Copia dos Estatutos
  • Copia da Acta de Constitución
  • Copia do C.I.F. da entidade e do N.I.F. do representante e Sustituto
  • Acreditación dun ano de actividade no territorio
  • Cando o candidato a ser asociado non teña o seu domicilio social no ámbito de actuación desta asociación deberá demostrar que desenvolve unha actividade relevante e consolidada no tempo en dito ámbito territorial.

Órganos de Goberno

Os órganos colexiados da asociación son, como mínimo, a asemblea xeral e a xunta directiva.

  1. A asemblea xeral é o órgano supremo de goberno da asociación e estará integrada por todos os asociados.
  2. A xunta directiva da asociación estará formada polos representantes dos asociados elixidos pola asemblea xeral, en función da pertenza destes a cada mesa sectorial, de acordo coa representatividade que a asemblea xeral lle outorgue a cada unha delas. 

Constará de 21 membros. O numero de representantes do sector privado sempre deber ser superior ao número de representantes do sector público.

En todo caso, na xunta directiva deberán estar representadas, cando menos, os seguintes colectivos sempre e cando sexan socios da Asociación e desexen formar parte da citada Xunta Directiva ou órgano decisorio similar, garantindo, en todo momento, a pluralidade e a diversidade na súa composición:  

  • As asociacións de mulleres,
  • As asociacións de mozos.
  • As asociacións de acción social, 
  • As asociacións cuxo obxecto social estea relacionado, de xeito prioritario, coa protección, conservación e/ou mellora do ambiente, 
  • As asociacións do sector agrario, incluíndo as organizacións  profesionais agrarias.
  • As asociacións de empresarios e asociacións profesionais,.
  • As asociacións do sector cultural, educativo ou etnográfico.
  • O sector público.

A duración do seu mandato será de 4 anos.

O conxunto dos axentes do sector privado terá máis do 51% dos votos

Territorio

A asociación terá como ámbito de actuación dos concellos de A Baña, Ames, Boqueixón, Brión, Negreira, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra, na provincia de A Coruña, sen prexuízo de que poida estenderse por necesidades operativas dos seus programas e actividades.

Conecta
Contacto

Cibran, nº 4 – San Xian de Sales
15885 VEDRA
E: info@terrasdecompostela.org
T: 981 818 357

Calidad