Sendas Fluviais

Terras de Compostela é unha zona fondamente definida pola presenza de tres dos principais ríos de Galicia, tanto por caudal como pola súa riqueza faunística, florística, paisaxística e mesmo cultural: o Ulla, que a delimita polo sur, o río Tambre, que suca a súa parte central, e o curso alto do Xallas, que marca o seu límite setentrional.

A eses tres ríos principais súmanselle as súas redes de afluentes, conformando tres sistemas fluviais de características ben diferenciadas entre si, que lle achegan variedade paisaxística e diversidade natural a esta área. Pola súa importancia, entre os tributarios destacan o Sar e o Sarela, afluentes do Ulla, e o Dubra e o Barcala, no caso do río Tambre. 

Asociación sen ánimo de lucro, modelo de partenariado público e privado, que implica a todos os actores locais, tanto as institucións, como o tecido asociativo así como a sociedade en xeral de seu ámbito territorial.

Contacto

Cibran, nº 4 – San Xian de Sales
15885 VEDRA
E: info@terrasdecompostela.org
T: 981 818 357
M: 689 245 170

Calidade