Feira Labrega 2023
FEIRA LABREGA 2023
Un ano máis, no Concello de Brión na Carballeira de Santa Minia o vindeiro venres 15 de Setembro do 2023 celébrase a Feira Labrega.
Unha feira con producto labrego, ecolóxico, arrtesanía…etc,ademías nesta quinta edición o GDR19 Asociación Terras de Compostela, no marco do proxecto de Cooperación PAISAXES INTELIXENTES cos grupos GDR Ribeira Sacra-Courel, Deloa, Asdecomor e GDR Costa da Morte), vai asistir á FEIRA LABREGA que se celebra o Viernes 15 de Setembro, na Carballeira de Santa Minia , Concello de Brión .Ubicación: https://g.co/kgs/LBiRbw
O GDR Asociación Terras de Compostela, que abrangue aos concellos de Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Negreira, Santa Comba, Santiago, Teo, Val do Dubra e Vedra, pretende con esta actuación:
- Dignificar aos produtores labregos,
- Valorizar os produtos locais e de proximidade,
- Concienciar á cidadanía para fomentar o consumo de alimentos locais e agroecolóxicos.
- Dinamizar os mercados locais da contorna.
- Mobilizar terras e implementar variedades tradicionais.
- Etc…
ANIMÁMOSTE a coñecer este entorno natural tan bonito, a coñecer aos produtores da súa contorna, a coñecer os produtos de tempada, a coñecer os diferentes mercados locais do territorio e todo elo acompañado por unha degustación duns ricos petiscos elaborados con productos locais e de tempada, da man do cociñeiro profesional José Manuel Mallón (Instagram @jose.m.mallon)