Ruta PRG-202 da fervenza do Rexedoiro

  • Inicio: Área recreativa de Bembibre

  • Fin: Área recreativa de Bembibre

  • Circular

  • Sendeirismo

  • 20 km

  • 5h

  • Dificultade Baixa

  • Grupos de adultos e parellas

RUTA PRG-202, homologada en 2017. Sendeiro de percorrido circular. O punto de inicio sitúase no Campo da Feira de Bembibre, continuando cara ao Rial e o Carqueixal. Prosigue dirección sur ata a Capela de San Xoán e os montes de San Román. Desde aquí o camiño toma rumbo oeste para atravesar a aldea de Gontar e, unha vez cruzado o rego do mesmo nome, acadar a zona do Rexedoiro e a fervenza. Posteriormente continúase dirección sur cara ao lugar de Ínsua collendo as sendas de pescadores e camiños paralelos ao río Dubra ata chegar ao punto de partida previo paso novamente pola Capela de San Xoán. Tres pequenos tramos do percorrido son coincidentes á ida e á volta.

De interese

As carballeiras de carballo común (Quercus robur) son as principais formacións de bosque autóctono presentes nesta ruta. Ademais, tamén é habitual ver asociadas outras especies como cerquiños, sobreiras, acivros, castiñeiros ou loureiros, así como campos de cultivos, pradarías, matogueiras de toxo, xesteiras e zonas de repoboación.

A Capela de San Xoán Bautista, situada nunha zona despoboada de monte da parroquia de Coucieiro próxima a Bembibre, foi construída no século XVII sobre un posible templo medieval.

En canto ás vivendas tradicionais, destacan as de planta rectangular formando conxunto con outras edificacións auxiliares de tipo agrícola e gandeiro como fornos, cortes, palleiras ou alpendres. As casas, pertencentes á tipoloxía das agras coruñesas, están construídas en pedra e adoitan presentar planta baixa e unha altura con tellado a dúas augas coa estrutura de madeira cuberta de tella do país.

PUNTOS DE INTERESE

Ermida de San Xoán Bautista

Fervenza do Rexedoiro

Bosque autóctono

Arquitectura popular

VISOR INTERACTIVO

Asociación sen ánimo de lucro, modelo de partenariado público e privado, que implica a todos os actores locais, tanto as institucións, como o tecido asociativo así como a sociedade en xeral de seu ámbito territorial.

Contacto

Cibran, nº 4 – San Xian de Sales
15885 VEDRA
E: info@terrasdecompostela.org
T: 981 818 357
M: 689 245 170

Calidade

Configuración de cookies
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres utiliza o noso sitio web. Se está a usar os nosos servizos a través dun navegador, pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies mediante a configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contidos e scripts de terceiros que poden usar tecnoloxías de seguimento. A continuación pode proporcionar o seu consentimento de xeito selectivo para permitir a inserción de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recompilamos e como os procesamos, consulte a nosa Política de Privacidade
Youtube
Consentimento para amosar contido de - Youtube
Vimeo
Consentimento para amosar contido de - Vimeo
Google Maps
Consentimento para amosar contido de - Google