Sube a bordo, rema e sente o poder do río!

Ficha da Experiencia

Prezo

Persoas adultas (grupo 3 – 5 pax.) 45€
Persoas adultas (grupo 6 – 18 pax.) 40€
Persoas adultas (grupo +19 pax.) 35€
Menores de 12 años 35€

Escolares entre semana:
Grupo 12 pax. a 24 pax. 35€
Grupo 25 pax. ou máis 30€

Calendario:

Xuño a Agosto: Todos os días. Mínimo 3 pax. – Mañá 10:00 – 14:30 – Tarde 15:30 – 19:00
Setembro a Maio:
Todos os días. Mínimo 3 pax. – Mañá 10:30 – 14:00 – Tarde 15:00 – 18:30

Contacto para reservas:

Correo: info@amextremekayak.com
Teléfonos: 656873332 – 609065500

Descrición

Se queres facer rafting na Coruña, o Río Ulla é un dos leitos máis emblemáticos para vivir esta aventura. Os ríos do interior de Galicia son perfectos para practicar esta actividade deportiva. Ven facer rafting e descender o Río Ulla situado a só media hora de Santiago de Compostela.

Entre risas, diversión, un pouco de medo e sobresaltos, sucaremos o tramo desde Carcacía ata Herbón (Padrón), un percorrido de 5 km que atravesa bosques frondosos de ribeira con carballos, amieiros ou salgueiros. O rafting é un dos deportes acuáticos máis emocionantes para as persoas que queren descargar adrenalina e pasar unhas horas de diversión.

Podes vir con amigos ou coa túa familia. Auga e adrenalina! Imaxínate nunha gran balsa río abaixo, entre correntes e rápidos, remando co teu equipo para evitar rocas, illotes e saltos de auga ata chegar a un remanso de augas tranquilas onde podes gozar da natureza de Galicia. Emocións refrescantes!!

Navegarás en grupo. Tripularedes unha balsa, cunha capacidade entre 8 e 10 prazas. Subirémonos nunha grande e segura lancha pneumática con moita estabilidade para que sexa difícil caer á auga e equiparémosvos con neoprenos, casco, chalecos salvavidas e material de seguridade, para descender polo río entre os seus rápidos e correntes. Non necesitas ter coñecementos previos ou moita preparación física para facer rafting.

Un guía experto dirixirá a embarcación para realizar as manobras necesarias coa máxima seguridade ao descender os rápidos do río.

Ven a facer rafting e desafiar os rápidos do Río Ulla na Coruña!

Galería de Fotos

Voltar a experiencias

Asociación sen ánimo de lucro, modelo de partenariado público e privado, que implica a todos os actores locais, tanto as institucións, como o tecido asociativo así como a sociedade en xeral de seu ámbito territorial.

Contacto

Cibran, nº 4 – San Xian de Sales
15885 VEDRA
E: info@terrasdecompostela.org
T: 981 818 357
M: 689 245 170

Calidade