A despoboación e envellecemento da poboación en entornos rurais esta a provocar un crecente estado de abandono de cada vez máis núcleos de poboación, que non so afecta as diferentes construcións e espazos públicos das aldeas, senón que tamén a cambios da paisaxe tradicional, polo continuo abandono de terras de cultivo e/ou aproveitamento tradicional do monte e do entorno que as rodea.

A recente vaga de lumes que sufriu a nosa comunidade puxo de manifesto a imperiosa necesidade de intervir dunha forma decidida, e inmediata, na recuperación das paisaxes nos entornos dos núcleos rurais co obxectivo de evitar problemas derivados dos lumes que poden poñer en risco no son as propias aldeas, senón que tamén as persoas que as habitan.

Son moitos os esforzos que se están realizando dende a propia Xunta de Galicia para contribuír a mobilidade das terras agrarias abandonadas, fundamentalmente a través do impulso e desenvolvemento das aldeas modelo e polígonos agroforestais

Os GDR podemos, e debemos, xogar un papel fundamental para contribuír a ese desenrolo destas figuras, a través da concienciación, divulgación, promoción, impulso e desenvolvemento das mesmas.

Co gallo de intervir no eido da recuperación de paisaxes tradicionais, pretendemos contribuír: a desenvolver a mobilidade de terras, a recuperación de cultivos e novas formas de produción en entornos dos núcleos rurais, a deseñar cintos verdes,dinamizar mercados locais, e iniciar procesos de transición enerxética nas aldeas do rural.

Os GDR socios deste proxecto pretendemos levar a cabos procesos de planificación participada para xerar iniciativas piloto de paisaxes intelixentes nos núcleos rurais dos territorios participantes, que contribúan ao desenvolvemento de figuras de mobilidade das terras agrarias como mecanismos para recuperar as Paisaxes Intelixentes. Para iso, cada GDR levará a cabo un proxecto/experiencia piloto como acción individual nese eido, que se verá reforzada e complementada polo resto de accións comúns do proxecto.

Obxectivos

  • Fomento da planificación participada para xerar iniciativas piloto de paisaxe intelixente nos territorios participantes, empregando as figuras establecidas na lei de recuperación de terra agraria de Galicia: aldeas modelo, polígonos agroforestais ou agrogandeiros.

(*) Por ex. Un proxecto piloto sería crear un cinto verde e cultivos corta lumes en zonas de montaña como poden ser a recuperación de pastos e/ou combinacións de novos cultivos forestais..

  • Impulsar un proceso de planificación participada: impulsar canles e metodoloxías de planificación territorial participada como semente de iniciativas nas zonas participantes (iniciativas forestais, agrícolas, gandeiras, agroforestais, outras).
  • Valorar as posibilidades dos distintos territorios en canto parámetros bioclimáticos, agronómicos e de razas de gandaría autóctona e sementes para activar novas iniciativas que contribúan a recuperación da paisaxe.
  • Aportar coñecementos e concretar posibilidades máis óptimas das zonas piloto tendo en conta dous tipos de territorio participantes:
    • ZONAS FORESTAIS: Tanto de área de montaña como de franxa costeira
    • ZONAS AGRÍCOLAS Tanto do interior como de franxa costeira
  • Estudar as posibilidades de comercialización de produtos agrogandeiros-forestais e mercados de proximidade.
  • Formación e impulso do cooperativismo con enfoques adaptados ás necesidades dos participantes (comercialización, uso de maquinaria, asistencias técnicas, etc.)
  • Impulsar a transición enerxética, facendo mais atractivo o medio rural ao poder contar cunha enerxía mais barata para a poboación local e as empresas

Descargables