Febreiro 24, 2026
XUNTA DIRECTIVA 03/03/2026

Asociación Terras de Compostela convoca aos seus asociados á Xunta Directiva da Asociación Terras de Compostela, que se celebrará o vindeiro MARTES, día 03 de MARZO de 2026, ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:30 horas en segunda convocatoria, no Salón de Plenos do Concello de Brión, Praza do Concello, nº1 – Brión (Concello de Brión), coa seguinte:
ORDE DO DÍA
- Lectura e aprobación, se procede, da acta de Xunta Directiva Extraordinaria de 10 de outubro de 2025.
- Informe de situación da Intervención 7119 Medida Leader 2023-2027 e, no seu caso, acordos a tomar.
2.1.- Convocatoria LEADER 2025-2026.
2.2.- Convocatoria LEADER 2026-2028.
3. Ratificar, se procede, a solicitude de presidencia da aprobación do importe máximo dispoñible para gastos de xestión, seguimento e avaliación da estratexia, do consignado no convenio para a anualidade 2026 e aprobación da solicitude de anticipo a AGADER.
- Informe de situación do Plan de Sostenibilidade Turística en Destino (PSTD), e no seu caso, acordos a tomar.
- Informe de situación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED), e no seu caso, acordos a tomar.
- Informe de situación do Xeodestino Terras de Santiago, e no seu caso, acordos a tomar.
- Rogos e preguntas
