Asociación Terras de Compostela convoca aos seus asociados á Xunta Directiva da Asociación Terras de Compostela, que se celebrará o vindeiro XOVES, día 02 de XULLO de 2026, ás 09:00 horas en primeira convocatoria e ás 09:30 horas en segunda convocatoria, na Sede do GDR19 Asociación Terras de Compostela, en Cibrán nº4-San Xian de Sales (Concello de Vedra), coa seguinte:

ORDE DO DIA:

 

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta de Xunta Directiva Ordinaria de 03 de marzo de 2026.
  2. Informe de situación da Intervención 7119 Medida Leader 2023-2027 e, no seu caso, acordos a tomar.

2.1.- Modificación do Convenio de Colaboración entre a AGADER e  GDR19 para a aplicación dunha Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo na Medida Leader de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PAC 2023-2027.

2.2.- Convocatoria LEADER  2025-2026.

2.3.- Convocatoria LEADER  2026-2028.

2.4.- Aprobación, se procede, do importe máximo dispoñible na convocatoria 2026-2028, para cada unha das tipoloxías de proxectos: produtivos, non produtivos promovidos por entidades públicas locais e non produtivos promovidos por institución de carácter privado, para a súa posterior autorización por parte de AGADER.

2.5.- Aprobación, se procede, do Informe Anual de avaliación e seguimento da posta en práctica da EDL da anualidade 2025.

  1. Informe de situación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED), e no seu caso, acordos a tomar.
  2. Informe de situación do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD), e no seu caso, acordos a tomar.
  3. Rogos e preguntas.