Xornada de presentación do selo de calidade diferenciada “Artesanía Alimentaría” para a posta en valor do producto alimentario.

O pasado Luns 13 de maio, o GDR Terras de Compostela xunto coa Axencia Galega e Calidade Alimentaria (AGACAL) organizou unha xornada de presentación do selo de calidade diferenciada “Artesanía Alimentaría” para a posta en valor do producto alimentario.

A xornada acudiron preto de 15 produtores de diversos sectores como: mel, xeados, marmeladas, derivados cárnicos, pastelería, conservas vexetais, fermentados…

Durante a xornada Ricardo Rivas (Xefe da Área de Calidade Alimentaría) , e Xoán Concheiro (Técnico), trataron diferentes cuestións vinculadas con selo “Artesanía Alimentaría”, como os seus obxetivos e vantaxes, a regulación da súa actividade ou as normas técnicas existentes.

Pechou o evento o director da Axencia Galega da Calidade, José Luis Cabarcos que “puxo en valor este tipo de eventos, que contribúen a promocionar o selo Artesanía Alimentaria, creado co obxetivo de protexer o bo facer dos artesáns tradicionais e defender a súa profesión ante etiquetados enganosos, para conservar e preservar as elaboracións de productos artesáns tradicionais arraigados a nosa cultura”

Esta certificación de calidade pretende poñer en valor as producións artesanais que tanto beneficio poden facer no desenvolvemento rural e local mediante a visibilización da calidade das nosas producións e xerando economías e empregos nos espazos máis sensibles.

Máis información: https://agacal.xunta.gal/es/calidad-alimentaria/artesania-alimentaria