Convidámoste a vivir unha experiencia nos exteriores do Convento de Herbón para conectar emocionalmente coa natureza a través de xogos e mindfulness, actividades sensoriais e expresión creativa.

As persoas participantes terán que ir atopando partes dun mapa ocultas na natureza con probas para facer ata crear o mapa final.

Cada crianza levará para a súa casa unha carteira máxica.

Actividade gratuíta previa reserva en www.padronturismo.gal/inscricions

Actividade dirixida a tódolos públicos, en especial para familias. As persoas menores de idade deben asistir acompañadas de persoas adultas.

Actividade cofinanciada pola Axencia de Turismo de Galicia.