O próximo sábado 04 de xullo, convidámoste a vivir unha experiencia no Vía Crucis de Sorribas para descubrir a historia de Rois a través de xogos e mindfulness, exploración sensorial na natureza e expresión creativa, con saida ás 10.00 h, no lugar do Vía Crucis de Sorribas(https://maps.app.goo.gl/k8V7Xz2eiecSwzKi9)

As persoas participantes terán que ir atopando partes dun mapa oculto nos cruceiros mediante probas para así compoñer o mapa final. Unha vez finalizada e búsqueda e completado o mapa, cada participante creará a súa propia obra con arxila.

Actividade dirixida a tódolos públicos, en especial para familias con crianzas de 8 anos ou máis. As persoas menores de idade deben asistir acompañadas de persoas adultas.

A actividade é gratuíta e previa reserva no seguinte enlace:
https://forms.gle/vvjN76d7gD57U37s6

Actuación cofinanciada coa Axencia de Turismo de Galicia