SISTEMA INTEGRAL DE CALIDADE TURÍSTICA ESPAÑOLA EN DESTINO- 2023
Arrancamos o plan formativo baixo a metodoloxía do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino (SICTED)-2023.
Para poder acadar a distinción os establecementos teñen a obriga de asistir as xornadas formativas indicadas na Metodoloxía SICTED.
Nos vindeiros meses de Marzo, Abril e Maio vanse a realizar diversas xornadas formativas de carácter presencial, sendo a primeria cita o 14 de Marzo de 2023 onde se organizará o Grupo de Mellora “O VALOR DA HABILIDADES BLANDAS NO MERCADO LABORAL”
As habilidades blandas, do inglés soft skills, comprenden unha serie de habilidades sociais que facilitan que as persoas se relacionen cos seus compañeiros. Aínda que están moi ligados á propia personalidade, son mellorables e, a pesar do seu carácter intanxible, son moi valorados polas empresas na actualidade. Entre eles están a Creatividade, a Intelixencia emocional e a Resilencia.
A xornata terá lugar o martes 14 de Marzo de 2023, na sede da Asociación Terras de Compostela-Lugar Cibrán Nº 4-San Xián de Sales-Vedra, a partir das 17:30 horas