Primeiros datos dun programa que comeza con forza!!

Os primeiros encontros do programa Comedores Responsables KM 0, deixan xa unha pegada moi positiva en todo o territorio, mostrando o gran interese e compromiso do rural galego coa alimentación sostible, saudable e de proximidade.

Esta iniciativa, impulsada por Agader e desenvolvida por oito Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), está a crear espazos de diálogo, aprendizaxe e colaboración entre centros educativos, outras colectividades, produtores, elaboradores e administracións locais:

  1. GDR 04 Comarca de Lugo
    2. GDR 05 Miño-Ulla
    3. GDR 08 Sil Bibei Navea
    4. GDR 11 Adercou
    5. GDR 16 Pontevedra Norte
    6. GDR 19 Terras de Compostela
    7. GDR 21 Comarca de Ordes
    8. GDR 22 Costa da Morte

O impacto desta primeira etapa…

Tras as primeiras semanas de encontros territoriais, o proxecto xa conseguiu mobilizar unha importante rede de persoas e entidades:

🍽 57 centros participantes (colexios, residencias, vivendas comunitarias e 1 servizo de cátering).
🌾 104 membros do tecido produtivo, entre produtores, gandeiros, agricultores e empresas transformadoras.

Son cifras que amosan o interese crecente por introducir máis produto local e de calidade nos comedores de colectividades, reforzando a economía rural e promovendo unha alimentación máis consciente.

Unha rede que comeza a tecerse…

Nesta primeira etapa, os encontros permitiron:

✔ Coñecer mellor as necesidades dos centros e das cociñas.
✔ Pór en valor o traballo dos produtores e da economía de proximidade.
✔ Abrir espazos de colaboración entre actores do territorio.
✔ Compartir experiencias inspiradoras e exemplos reais.
✔ Recoller achegas, suxestións e propostas para mellorar o proxecto.

Esta primeira ronda demostra que Galicia está preparada para avanzar cara a comedores máis sostibles, comprometidos co territorio e ligados ao produto de tempada.

Grazas a todos os que estades facendo posible esta primeira etapa!!

Produtores, concellos, equipos directivos, persoal de cociña, centros educativos, residencias, responsables técnicos e todas as persoas que participastes ata o de agora: grazas pola vosa implicación e polas ganas de construír un modelo máis responsable!!

O traballo continúa, e esta é só a primeira parte dun proxecto que seguirá medrando ao longo deste 2026 que pronto comezará e do 2027.

Porque comer ben tamén é educar, apoiar o rural e construír un futuro sostible para Galicia. Seguimos avanzando!!