Renovación de cargos na Xunta Directiva do GDR Terras de Compostela.
Noelia Baleato Toja, elixida por unanimidade presidenta do GDR Terras de Compostela.

A tenente de alcalde do Concello de Santa Comba, Noelia Baleato Toja, é a nova presidenta da Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela tras a Asemblea para renovar a Xunta Directiva da asociación, celebrada este xoves en Vedra.
Noelia Baleato foi elixida presidenta por unanimidade. A súa designación sitúa novamente a unha muller á fronte da Asociación, relevando no cargo a Mª Guarina Rey, representante do Concello de Brión, que ostentoiu a presidencia durante os últimos oito anos. Terras de Compostela é un dos poucos 24 GDR de Galicia que está presidido por unha muller.
A nova Xunta Directiva queda configurada tamén cos seguintes representantes: Juan Martínez López, da Fundación Down Compostela, como vicepresidente; Ovidio Rodeiro Tato, alcalde de Boqueixón, como secretario; e Diego Vilas Boga, da Asociación de Empresarios de Santa Comba, como tesoureiro.
Coa renovación dos seus órganos directivos, a asociación inicia unha nova etapa na que continuará traballando para impulsar iniciativas de desenvolvemento rural, promover a colaboración entre os axentes locais e contribuír á dinamización económica e social da súa área de actuación.
Terras de Compostela caracterízase pola diversidade dos sectores e entidades que forman parte da asociación, articulados en diferentes mesas de participación. Estas representan os ámbitos agrario, gandeiro, forestal e medioambiental; deportivo, recreativo, cultural, educativo e etnográfico; as asociacións veciñais; as entidades de carácter social; as asociacións xuvenís; as organizacións empresariais e multisectoriais, así como outras entidades vinculadas a sectores non incluídos nas restantes categorías; e o ámbito institucional.
Esta composición plural permite reunir nun mesmo espazo de participación representantes de diferentes ámbitos do territorio, favorecendo a cooperación entre entidades e a identificación de necesidades e oportunidades para o desenvolvemento rural.
Nova composición dos cargos da xunta directiva
- Presidenta: Noelia Baleato Toja, representante do Concello de Santa Comba.
- Vicepresidente: Juan Martínez López, representante da Fundación Down Compostela.
- Secretario: Ovidio Rodeiro Tato, representante do Concello de Boqueixón.
- Tesoureiro: Diego Vilas Boga, representante da Asocaición de Empresarios de Santa Comba.
- Vogais: representantes de:
- Xallas Santa Comba S.C.G: María Lois Gómez
- PEFC Galicia: elsa Grillé Lorenzo: Elsa Grillé Lorenzo
- APROCA Noroeste: José Luís García Bello
- Sindicato Labrego Galego Comisión Labregas: Mª do Carme Cabarco Prieto
- A.A.V.V. Santa Cruz de Ribadulla: Carlos Tacón Rodríguez
- Club De Priragüismo Ribeira Do Tambre: Maximino Viaño Illodo
- AGADEA: Mª Isabel Gey Pérez
- COGAMI: Ignacio Rodríguez Sáez
- AMABUL: Rubén Villasenín Iglesias
- Asociación Costavales: Manuel Amigo Ferreiro
- Concello de Ames: José Blas García Piñeiro
- Concello de A Baña: José Antonio Pereira Gil
- Concello de Brión: Mª Guarina Rey Vázquez
- Concello de Negreira: Manuel Ángel Leis Miguez
- Concello de Teo: Rogelio Lema Mougán
- Concello de Val Do Dubra: Diego Luís Díaz Méndez
- Concello de Vedra: Carlos Martínez Carrillo
