A Asociación Terras de Compostela xa dispón de novo material divulgativo e promocional.

 

A Asociación Terras de Compostela, no ano 2011 elaborou e editou unha guía, Corrente Abaixo, un percorrido de ensoño, vinculada ao  entorno e aos ríos de este territorio.

A Guía serve de referencia para ós amantes da pesca, da natureza, servirá como base aos operadores turísticos e para que a propia xente do territorio valore e coñeza os recursos endóxenos do territorio.

Con esta guía do territorio preténdese acadar varios obxectivos:

  1. Poñer en valor o inmenso Patrimonio cultural e natural que hai na contorna dos Ríos.
  2. Proporcionar unha ferramenta útil para os afeccionados á pesca e os seus acompañantes.
  3. Dar a coñecer zonas e áreas fluviais pouco coñecidas polo público xeral.
  4. Contribuír á conservación de espazos e ecosistemas que se caracterizan pola súa fraxilidade.
  5. Artellar unha oferta turística variada e alternativa que combine cultura, natureza e actividades de ocio.
  6. Recopilación de lendas vinculadas cos rios e recetas de cociña vinculadas ca fauna dos nosos rios.

Contido da guía:

  • Identificación dos principias cotos pesqueiros, especies e técnicas de pesca.
  • Identificación de zonas onde se poderán realizar actividades de ocio.
  • Identificación dos recursos culturais, naturais, patrimoniais, etnográficos,….
  • Recetas gastronómicas, lendas vinculadas cos ríos,…
  • Outros datos de interese.

Seguindo a liña de traballo do GDR 19 Terras de Compostela de promocionar e divulgar a riqueza patrimonial, de natureza, cultural…etc, do seu territorio, en Asamblea Xeral celebrada na anualidade 2022, os asociados tomaron o  acordo de  reeditar un material enriquecedor para toda a contorna da Asociación Terras de Compostela.

Podedes votarlle un ollo no seguinte enlace:

Corrente Abaixo un percorrido de ensoño _2022