Ruta Rosalía nos Camiños

  • Inicio: Paseo do Espolón (Padrón)

  • Fin: Paseo do Espolón (Padrón)

  • Circular

  • Sendeirismo

  • 15,4 km

  • 3 h

  • Dificultade: Moderada

  • Grupos de adultos

Comezamos a andaina cruzando o río Sar pola ponte que está preto da praza de abastos e collemos a vella estrada de Padrón a Ribeira (AC-307) cara Dodro. Pasamos a fonte Vilar, o pazo de Lestrobe e a praza do Peixe. Se nos desviamos uns dez metros no centro de Lestrobe podemos ver as Torres de Hermida ou pazo de Hermida, onde Rosalía de Castro pasou longas temporadas da súa vida, aquí naceron os seus fillos xemelgos e escribiu varias obras. Rosalía adoitaba comezar os seus paseos pola zona na fonte de Santa María, situada a poucos metros do pazo, por onde pasamos para subir ata o Santiaguiño do Monte.

A senda baixa polas escaleiras do monte San Gregorio (ou Santiaguiño) e logo discorre pola Trabanca, pola Torre, e vai pola Presa, pola marxe dereita do río Sar ata chegar a Fondóns, onde Rosalía se inspiraba para escribir. Nesta zona xa do municipio de Rois, despois de pasar o muíño de Maquía e a ponte natural construída por Camilo Seira cun salgueiro e pedras, atópase a placa que o Concello de Rois puxo o 24 de febreiro de 2021 cu poema no que a escritora fala de Fondóns.

Seguimos ruta xunto ao río Rois ata a praia fluvial de Seira, e logo baixa pola marxe esquerda deste río e do Sar, cruzando varias pasarelas de madeira construídas polo concello de Rois ata chegar á igrexa de Iria Flavia e rodear o cemiterio de Adina, onde Rosalía estivo soterrada entre 1885 ata 1891, cando se trasladaron os seus restos ao panteón de Galegos Ilustres en Santiago.Esta senda amiga lévanos de seguido ata a Casa Museo e sede da Fundación Rosalía de Castro, antes de volver de novo ao casto histórico de Padrón e pasar xunto á casa da rúa Xoán Rodríguez onde Rosalía viviu cando era nena. Uns metros máis adiante regresamos ao paseo do Espolón, onde remata esta andaina.

PUNTOS DE INTERESE

Monumento a Rosalía de Castro (Padrón)

Santiaguiño do Monte (Padrón)

Lamas e Muíño da Maquía (Padrón)

Ponte de Camilo Seira en Fondóns (Rois)

Fondóns (Rois)

Praia fluvial de Seira (Rois)

Igrexa de Santa Maria a Maior de Iria Flavia (Padrón)

Casa Museo de Rosalía de Castro (Padrón)

VISOR INTERACTIVO

Asociación sen ánimo de lucro, modelo de partenariado público e privado, que implica a todos os actores locais, tanto as institucións, como o tecido asociativo así como a sociedade en xeral de seu ámbito territorial.

Contacto

Cibran, nº 4 – San Xian de Sales
15885 VEDRA
E: info@terrasdecompostela.org
T: 981 818 357
M: 689 245 170

Calidade