Ruta dos Tres Pazos
Inicio: Campo da Feira, Negreira
Fin: Campo da Feira, Negreira
Circular
Sendeirismo, cicloturismo
15,5 km
4h
Dificultade: Media – Baixa
Toda a familia
Sinalizada
Ruta circular pola que se visitan 3 pazos: Pazo do Cotón (Pazo señorial dos séculos XVII-XVIII con posible orixe nunha fortaleza medieval; está unido á capela de San Mauro por medio da tripla arcada que cruza o Camiño; o recinto inclúe xardíns de grande interese, con camelias e árbores de gran porte, entre outros), Pazo de Baladrón (construído entre os anos 1945 e 1955) e Pazo de Albariña, de Varela ou do Capitán (séculos XVI-XVIII). Ademais, pásase pola Ponte Maceira, a “ponte vella” de orixe romana, foi reformada nos séculos XIII e XVIII, o Paseo Fluvial Rio Barcala, o Refuxio de pescadores de Covas, a Aldea de Fontemirón e o Bosque do Quenllo, fermoso “bosque encantado” de árbores autóctonas.
PUNTOS DE INTERESE
Pazo do Cotón
Pazo de Baladrón
A Ponte Maceira
Pazo de Albariña
Área recreativa de Covas
Paseo fluvial do Río Barcala