Ruta dos Cruceiros

  • Inicio: Cruceiro de Forxán

  • FIN: Cruceiro de Forxán

  • Circular

  • Sendeirismo

  • 7 km

  • 2h

  • Dificultade: Baixa

  • Sinalizada parcialmente

Esta ruta comeza no cruceiro da aldea de Forxán e rodea a aldea pasando polo castro, sen escavar, dende onde se pode ver unha fermosa vista do río Tambre.

De aquí sae pola estrada e, collendo por un camiño á dereita, diríxese cara o río Traba, discorrendo á súa beira entre a Ponte dos Carros e a Ponte da Igrexa.

Neste tramo atoparémonos con diversa vexetación e variedade de muíños, podéndonos bañar incluso nalgunhas zonas próximas a eles.

Ó chegar á Ponte da Igrexa colleremos cara á dereita dirección Pousada, onde poderemos ver tres cruceiros de distintos tipos, destacando o chamado da Goriña, cruceiro de capela do ano 1637, o máis antigo do concello.

Atravesando a aldea de Pousada , cruzarémo-la estrada para volver á beira do río Traba ó pasala Ponte de Porto Pequeno, río que seguiremos en dirección á igrexa de Santa María de Viceso, lugar recomendado para facer unha pequena parada. De aquí colleremos por un camiño rodeado de montes e fincas, volvendo ó punto de partida tras un pequeno anaco por estrada.

Ó chegar á Ponte da Igrexa colleremos cara á dereita dirección Pousada, onde poderemos ver tres cruceiros de distintos tipos, destacando o chamado da Goriña, cruceiro de capela do ano 1637, o máis antigo do concello.

Atravesando a aldea de Pousada , cruzarémo-la estrada para volver á beira do río Traba ó pasala Ponte de Porto Pequeno, río que seguremos en dirección á igrexa de Santa María de Viceso, lugar recomendado para facer unha pequena parada. De aquí colleremos por un camiño rodeado de montes e fincas, volvendo ó punto de partida tras un pequeno anaco por estrada.

PUNTOS DE INTERESE

VISOR INTERACTIVO

Asociación sen ánimo de lucro, modelo de partenariado público e privado, que implica a todos os actores locais, tanto as institucións, como o tecido asociativo así como a sociedade en xeral de seu ámbito territorial.

Contacto

Cibran, nº 4 – San Xian de Sales
15885 VEDRA
E: info@terrasdecompostela.org
T: 981 818 357
M: 689 245 170

Calidade

Configuración de cookies
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres utiliza o noso sitio web. Se está a usar os nosos servizos a través dun navegador, pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies mediante a configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contidos e scripts de terceiros que poden usar tecnoloxías de seguimento. A continuación pode proporcionar o seu consentimento de xeito selectivo para permitir a inserción de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recompilamos e como os procesamos, consulte a nosa Política de Privacidade
Youtube
Consentimento para amosar contido de - Youtube
Vimeo
Consentimento para amosar contido de - Vimeo
Google Maps
Consentimento para amosar contido de - Google