Ruta do Sestelo ao Ulla polo Camiño dos Arrieiros
Inicio: Linde entre as parroquias de Lucí e Rarís
Fin: Área recreativa do Xirimbao
NON Circular
Sendeirismo
9,37 km
3h
Dificultade Baixa
Grupos de adultos e parellas
Ruta que une a Senda Natural do Rego de Sestelo coa ponte colgante da Mariola no Couto de Pesca de Couso / Xirimbao no Río Ulla. A andaina comeza no recentemente recuperado Camiño Xacobeo e dos Arrieiros (que une Braga coa capital compostelá) nunha paraxe situada no linde entre as parroquias de Lucí e Rarís. Nesta “Illa de Sombra” da vía xacobea comeza un treito de varios quilómetros á beira do Rego do Sestelo ou do Chao para finalizar na vila de Pontevea (vieiro histórico empregado dende o Medievo polos peregrinos e posteriormente polos arrieiros para transportar o viño do Ribeiro ata Compostela e ás Rías Baixas).
Dende a Ponte de Pontevea, icona do concello e Ben de Interese Cultural, os/ as sendeiristas camiñarán polos sendas de pescadores atravesando antigas carballeiras e bosques de ribeira, contemplaran as insuas do Ulla e os derradeiros vestixios das pesqueiras da parroquia de Reis para rematar na ponte colgante da Mariola, que segue a cativar a miles de visitantes que se achegan á ribeira deste val “deleitoso” como o nomeaba a poeta Avelina Valladares.
PUNTOS DE INTERESE
Ponte Nova de Rarís
Fonte da Florida
Igrexa Románica de San Cristovo de Reis
Ponte Medieval de Pontevea