Ruta do río Tambre
Inicio: Ponte Pías
FIN: Ponte Pías
Circular
Sendeirismo
10 km
2h 30m
Dificultade: Baixa
Sinalizada parcialmente
Esta andada circular discorre na súa maior parte polos termos da parroquia de Santa María de Ons e ten como punto de referencia o encoro Barrié de la Maza, no río Tambre, ao que abeira pola marxe esquerda en boa parte do seu traxecto.
A ruta comeza na Ponte Insua, onde a estrada Negreira-Urdilde atravesa o río Tambre. Neste primeiro tramo, se as augas do encoro estiveren baixas, poderanse ver as antigas pesqueiras que cada pouco atravesaban a canle do río: a de Pazos, no fondo da aldea deste nome e pouco abaixo de onde estivera a antiga Ponte Pías, relacionada coa lenda da traslación do Apóstolo; a do Pouso, formando unha punta de frecha hacia o medio do río; a da Pedreira, próxima á anterior; a de Latedo, que aínda funcionou ata que a asulagou o encoro, hai sesenta anos; e a do Cornedo, á altura da aldea abandonada de Pontevedra, da outra banda do río. Aproximadamente no km 6.300 hai un desvío que o ben seguimos a izda pola ruta marcada, ou ben desviámonos a dereita en dirección a Fervenza do Pozo Negro.
PUNTOS DE INTERESE
Pazo de Armesto
Igrexa parroquial de Ons
Fervenza do Pozo Negro
Pesqueiras do Tambre