Ruta do Andoriña
Inicio: Praia fluvial de Tapia
FIN: Praia fluvial de Tapia
Circular
Sendeirismo
5,2 km
1h
Dificultade: Baixa
Familias, Parellas
Sinalizada
Percorrido circular de dificultade baixa e 5,2 km que segue o trazado deste pequeno regato, e ten a praia de Tapia como punto de saída e retorno. Desde aquí discorre paralela ao río Tambre ata que se incorpora á estrada e nos achega ata a Ermida da Nosa Señora da Madalena, a milagreira Fonte Santa e un cruceiro.
Seguindo un antigo caneiro chegamos ás ribeiras do rego do Andoriña que agochan varios muíños de regato. Devagar, os paseantes pasarán a carón dunha das murallas defensivas do castro de Piñeiro, un dos máis grandes da Maía.
Unha vez se sae do bosque podémonos achegar ata a pequena fervenza do Canal Carreiro situada a apenas a 100 metros de distancia.
Na ponte de Portochán gozaremos dunha vista inmellorable sobre o río e o seu bosque de ribeira no que dominan grandes ameneiros e freixos. Nesta ponte comeza o couto de pesca da Ponte Maceira.
PUNTOS DE INTERESE
Muíño da Ínsua
Ermida da Nosa Señora da Madalena, Fonte e Cruceiro (Conxunto etnográfico)
Castro Piñeiro
Priorado de San Mamede
Fervenza do Canal Carreiro
Ponte Portochán (conexión coa Ruta da Ribeira do Tambre, de A Baña).