Ruta de Teo – Pontevea – Xirimbao

  • Inicio: Igrexa de Santa María de Teo

  • FIN: Área recreativa do Xirimbao

  • NON Circular

  • Sendeirismo

  • 9,13 km

  • 2h 45min

  • Dificultade: Baixa

  • Todos os públicos

  • Sinalizada

Esta ruta integra tres rutas promovidas polo Concello de Teo: 1) De Teo á Burga de Xermeade pasando pola devesa de Agromaior; 2) de Burga de Xermeade a Pontevea (ruta Apego para familias) e 3) de Pontevea a Xirimbao. Estas rutas son consecutivas polo que se poden xuntar nunha soa ruta sen necesidade de habilitar ligazóns entre elas.

Durante a maior parte do seu percorrido discorre a través camiños ou sendeiros pola beira ou moi preto do río Ulla, nun treito que forma parte da Zona de Especial Conservación (ZEC) da Rede Natura 2000 Sistema fluvial Ulla-Deza. Entre a aldea de Agromaior e a Igrexa de Santa María de Teo afástase do río Ulla, seguindo a beira dun dos seus afluentes, o río Pereiro, en parte do seu tramo inicial.

OBSERVACIÓNS

Non está sinalizada toda a ruta

PUNTOS DE INTERESE

Ríos Ulla e Pereira

Igrexa de Santa María de Teo

Devesa de Agromaior

Burga de Xermeade

Ponte medieval de Pontevea

Área recreativa do Xirimbao

VISOR INTERACTIVO

Asociación sen ánimo de lucro, modelo de partenariado público e privado, que implica a todos os actores locais, tanto as institucións, como o tecido asociativo así como a sociedade en xeral de seu ámbito territorial.

Contacto

Cibran, nº 4 – San Xian de Sales
15885 VEDRA
E: info@terrasdecompostela.org
T: 981 818 357
M: 689 245 170

Calidade

Configuración de cookies
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia mentres utiliza o noso sitio web. Se está a usar os nosos servizos a través dun navegador, pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies mediante a configuración do seu navegador web. Tamén empregamos contidos e scripts de terceiros que poden usar tecnoloxías de seguimento. A continuación pode proporcionar o seu consentimento de xeito selectivo para permitir a inserción de terceiros. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recompilamos e como os procesamos, consulte a nosa Política de Privacidade
Youtube
Consentimento para amosar contido de - Youtube
Vimeo
Consentimento para amosar contido de - Vimeo
Google Maps
Consentimento para amosar contido de - Google