Ruta de Riamontes ou da Auga
-
Inicio: Aldea O Vilar, Ames
-
FIN: Aldea O Vilar, Ames
-
Circular
-
Sendeirismo
-
7 km
-
2h 30 min
-
Dificultade: Media
-
Familias, Parellas
-
Sinalizada
Percorrido circular de 7 km e dificultade media, que permite coñecer o conxunto etnográfico dos muíños de Riamontes. Comézase o percorrido na pequena aldea do Vilar. Seguindo os postes indicativos, ascéndese por un vello camiño ata chegar ao primeiro dos muíños, o chamado de Ortoño, e o único que queda á beira dereita do regato.
Unha vez cruzado o regato por unha pontella o camiño segue por un tramo de bosque de ribeira, entre freixos e ameneiros, que agochan os restos de varios muíños entre pozas e pequenas fervenzas que manteñen o seu encanto e son a testemuña dun glorioso pasado de tradicións, historia e cultura singular.
Os muíños de Riamontes moían todo o verán coas augas que se represaban no Pozo. Forman parte dunha forma de vida comunitaria, na que os veciños e as veciñas tiñan cadansúa obriga.