PARQUES DE GALERAS E DA FINCA DO ESPIÑO
O parque de Galeras esténdese ao longo das marxes do río Sarela sobre un terreo case plano no que se xunta co regato Corgo. Esta valgada delimítana polo oeste a Finca do Espiño —frondosa e con romántico palacete modernista, que conta con merendeiros— e o monte Pío —onde está a residencia do presidente da Comunidade Autónoma de Galicia—, e polo leste a cidade monumental. Marca, por tanto, o límite entre a cidade e o contorno natural.
Galeras é sobre todo un gran prado, moi adecuado para o paseo, o xogo infantil e a práctica deportiva, que ten ademais nos seus bordos varias arquitecturas de autor, e cafetarías e restaurantes con vistas sobre o parque. Da Finca do Espiño, destacar ademais as súas vistas da cidade, da contorna e do solpor.
Dirección |
Rúa das Galeras. Santiago de Compostela (A Coruña) |
Concello |
Santiago de Compostela |
Localización (coordenadas) |
42°52’59.1″N 8°32’58.5″W |
Como chegar | |
Accesos |
Axeitados (zona urbana) |
Río |
Sarela (alfuente do río Sar) |
Praia fluvial / Zona de baño |
Non |
Socorrismo |
Non |
Periodo de funcionamento |
Todo o ano |
Actividades |
Non |
Días e horarios |
Non aplica |
Reserva previa |
Non aplica |
Ruta Asociada |
Paseo fluvial do Sarela |
Capacidade | |
Parking |
Si |
Accesible persoas con minusvalías |
Si |
Bar |
Si (varios bares na contorna leste do parque de Galeras) |
Baños |
Non |
Duchas |
Non |
Piscina infantil |
Non |
Ludoteca |
Non |
Barbacoa |
Non |
Mesas |
Si (no contiguo parque da Finca do Espiño) |
Parque infantil |
Si |
Zona deportiva |
Si |