Desliza, salta, refréscate!

Ficha da Experiencia

Prezo por persoa:
  • Persoas adultas (grupo 6 – 12 pax.): 40€  
  • Persoas adultas (grupo 13 – 24 pax.): 35€
  • Persoas adultas (grupo +25 pax.): 30€
Calendario:
  • De Maio a Setembro: Todos os días – Mañá 10:00 – 14:30 – Tarde 15:30 – 19:00
  • De Outubro a Abril: Todos os días – Mañá 10:30 – 14:30 – Tarde consultar

Contacto para reservas:

Correo: info@amextremekayak.com
Teléfonos: 656873332609065500

Descrición

Apetéceche navegar en kaiak por un río de Galicia?. A só 40 minutos de Santiago de Compostela (A Coruña) imos explorar as ribeiras do río Tambre.

Con saída desde a industrial Pesqueira do Tambre, antiga Central Eléctrica deseñada polo arquitecto Antonio Palacios, percorrerás as tranquilas augas do río Tambre ata Ponte Nafonso, unha das pontes medievais máis longas de Galicia, construída no S. XII, no estuario onde este río desemboca na Ría de Muros e Noia.

Dispoñemos de kaiaks con 2 ou 3 prazas deseñados para que poidas navegar tranquilamente grazas á súa estabilidade e flotabilidade. O seu nivel de dificultade é baixo, polo cal, poderás vir en familia con menores de idades a partir dos 6 anos. Para poder practicar kaiak non tes que ter unha excelente condición física. É moi fácil aprender a remar. Se non sabes, ensinámoste e enseguida aprendes!. Penétrate nunha fantástica paraxe natural! Nesta ruta en kaiak gozarás da paisaxe de ribeira dun río galego desde unha perspectiva única.

Navegarás atravesando bosques con vexetación típica de Galicia: carballos, amieiros, salgueiros, freixos… Entre as beiras boscosas do Río Tambre, de súpeto sorprenderate o voo dunha bandada de patos, un negro corvo mariño despregando as súas ás ou unha esvelta garza.

Obsérvaos e continúa navegando co son da auga entre paisaxes impresionantes. De lonxe tamén poderás ver un antigo pazo galego. Ao final da ruta, cando chegues a Ponte Nafonso poderás navegar por baixo dalgún dos seus 20 arcos oxivais de pedra desta antiga ponte medieval.

Esperta o teu instinto durmido da exploración e lánzate a vivir unha aventura polo río Tambre!.

Galería de Fotos

Voltar a experiencias

Asociación sen ánimo de lucro, modelo de partenariado público e privado, que implica a todos os actores locais, tanto as institucións, como o tecido asociativo así como a sociedade en xeral de seu ámbito territorial.

Contacto

Cibran, nº 4 – San Xian de Sales
15885 VEDRA
E: info@terrasdecompostela.org
T: 981 818 357
M: 689 245 170

Calidade