Próxima convocatoria de axudas LEADER 2026-2028.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural publicará no DOG, na última semana de xaneiro ou na primeira de febreiro, unha nova convocatoria de axudas de apoio a terceiras persoas, a través da Intervención LEADER, que contará cunha dotación aproximada de 28,75 M€ para toda Galicia (procedemento é o MR701L).

A convocatoria en réxime de concorrencia competitiva, sairá publicada para un período de tres anos (2026, 2027 e 2028) e o prazo de presentación de solicitudes estímase que será de dous meses dende a súa publicación no DOG.

As persoas beneficiarias destas axudas poden ser:

  •  As persoas físicas ou xurídicas de carácter privado.
  • As entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios ou entidades dependentes das anteriores.
  • As comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

Proxectos subvencionables.

  • Proxectos produtivos: proxectos que supoñen a realización dunha actividade económica, tendentes á produción de bens ou servizos e que supoñen unha creación e/ou mantemento de emprego.
  • Proxectos non produtivos: promovidos por entidades sen ánimo de lucro, entidades públicas locais, comunidades de montes veciñais en man común ou as súas mancomunidades, que non supoñan o inicio ou o desenvolvemento dunha actividade económica.

 

Contacta con nós a través do enderezo electrónico info@terrasdecompostela.org , nos teléfonos 981 81 53 57 / 617 129 702 (Xisela) / 610 922 335 (Chefa) ou séguenos nas redes sociais:

  • https://www.facebook.com/GDRTerrasDeCompostela
  • https://www.instagram.com/gdr_terras_compostela