Proxecto de cooperación Vía Mariana Luso Galaica
Proxecto de cooperación Vía Mariana Luso Galaica

O pasado venres 31 de Outubro de 2025, presentouse no Salón de Plenos do Concello A Cañiza (Pontevedra )o proxecto de cooperación Leader “Vía Mariana Luso Galaica” liderado polo GDR Terra e Auga e no cal participan os seguintes GDRs, Eu Rural, GDR Pontevedra Morrazo, GDR Terras de Compostela, Asociación Deloa e GDR Costa da Morte Indicar que esta actividade está financiada a través da Intervención Leader do PEPAC 23-27.
Nun acto no cal os asistentes foron recibidos polo Alcalde da Cañiza, Luís Piña, e polo Vicepresidente do GDR Terra e Auga, José Manuel Alfonso, participaron representantes políticos dos territorios polos que transcorre este camiño de peregrinación, representantes dos GDR socios, representantes da Asociación Vía Mariana-Luso Galaica e representantes do tecido socioeconómico vinculado á Vía Mariana.
No mesmo acto asinouse un convenio de colaboración coa Asociación Vía Mariana-Luso Galaica, entidade que leva traballando dende 2018 na promoción, mantemento, e valorización desta ruta de peregrinación que une Braga con Muxía a través dos Santuarios Marianos para fortalecer as liñas de traballo das entidades.
