PROCESO PARTICIPATIVO EDLP LEADER 2023-2027

COMEZAMOS!!!

GDR Terras de Compostela inicia as xuntanzas ca veciñanza e o tecido social , económico e asociativo do seu territorio.

A primeira celebrarase o vindeiro xoves 17 de Novembro no Concello da A Baña, as 19:30 horas na Casa Cultural.

Convidámoste a participar, xa que a túa opinión conta para así entre todos deseñar a futura Estratexia de Desenvolvemento Local LEADER 2023-2027

 

En caso de non poder asistir presencialmente á xuntanza, poderías participar igualmente, cubrindo unha enquisa, xa que a súa opinión e o coñecemento da realidade do seu ámbito de actuación son de gran importancia para o desenvolvemento da zona e de cara á planificación estratéxica.

LIGAZÓN DA ENQUISA: https://forms.gle/uZ6jER2zF1mtVJDfA