Plan Formativo-Calidade en Destino Terras de Compostela -SICTED 2023

Como cada ano dende o 2019 a Asociación Terras de Compostela inicia o seu Plan Formativo-Calidade en destino Terras de Compostela 2023.

Obxetivos:

  • Impulsara a calidade dunha rede de servizos turísticos e destinos.
  • Aplicar uns estándares homoxeneos de calidade comúns a todas as empresas e servizos turísticos.
  • Recoñecerer o esforzó dos participantes no proxecto a través do distintivo de “Compromiso de Calidade Turística”

Se ti eres:

Axencia de viaxe, albergue, aloxamento turístico, museo, restaurante e empresa de catering, vivenda de uso turístico, turismo activo, turismo industrial, comercio, cafetería, hotel, apartamento turístico, pensión, artesá, adega, ,taxista,….etc podes acadar  a distinción SICTED do teu negocio.

Beneficios:

  • Aumentar a satisfaccion turística en todo o itinerarioto dono noso territorio.
  • Incrementar a percepción da fiabilidade e seguridade da oferta.
  • Diferenciarse dos competidores.
  • Fomento do traballo en equipo para acadar un obxetivo.
  • Beneficios en axudas.
  • Formacións anuais conxuntas.
  • Maior cohesión e relación cos axentes do sector.
  • Información en tempo real dos cambio no sector.

É gratuito, sen custo para a túa empresa. O custo da implantación corre a cargo da Asociación Terras de Compostela.

Todo isto irémolo contando xunto coas dúbidas o próximo xoves 23 de Febreiro, na Casa da Cultura do Concello da A Baña a partir das 17:00 horas.

 

Agardamoste!!!!