PASABODEGAS 2022
Achégase o fin de semana tempo de ocio, polo que a Asociación Terras de Compostela xunto coa Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzheimer (AGADEA), colaboraran na actividade cultural “PASABODEGAS 2022-Participacion no Rural”, encadrada dentro do ESPAZO ACTIVO DA ULLA 2022, no Concello de Vedra.
Ambas entidades serán as encargadas da elaboración dunha tapa gastronómica coa finalidade de:
Por parte de AGADEA, dar visibilidade da autonomía das persoas con deterioro cognitivo que son capaces de realizar tarefas da vida cotiá, promovendo un envellecemento activo e saudable
AGADEA expoñerá a súa labor a través de información e asesoramento.
A entidade traballa con catro vertentes importantes:
- A prevención
- A estimulación cognitiva, achegándose a través dos servizos de estimulación terapéutica os concellos mais rurais
- O apoio as familias
- A sensibilización social
Agadea contará cunha cociñeira profesional que elaborará unha tapa xunto con dúas persoas do servizo de estimulación terapéutica da entidade e difundir así a autonomía das persoas con demencia nos estadios leve – moderados.
Por outra banda, dende o GDR Asociación Terras de Compostela, pretende poñer en valor os produtos locais do territorio do GDR Terras de Compostela (produtos de proximidade).
Así como de dar a coñecer a labor dos Grupos de Desenvolvemento Rural que desempeñan dentro do seu territorio e, neste caso concreto, do GDR-19 Terras de Compostela. Preténdese visualizar, mediante un reportaxe fotográfico aqueles proxectos subvencionados en diferentes sectores, actividades de promoción territorial, formación, proxectos dirixidos a poboación moza, …etc. dando a coñecer o potencial que hai no rural, nos diferentes sectores, xa sexa unha empresa que se modernice ou amplíe ou toda aquela persoa que decida emprender o seu negocio no rural.