O GDR TERRAS DE COMPOSTELA IMPARTE UN CURSO DE PROTOCOLO DE ACOSO SEXUAL E POR RAZON DE SEXO ÁS EMPRESAS DO SECTOR TURÍSTICO.
O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela, presidida por M. Guarina Rey Vázquez (Concelleira de Brión), realizou unha sesión formativa con carácter presencial denominada “ACOSO LABORAL: PROTOCOLO SEXUAL E POR RAZÓN DE SEXO” no Pazo da Peregrina (Bertamiráns) o pasado martes 11 de abril de 2023.
O GDR, como ente xestor do Destino SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino), convidou a este curso a empresarios e traballadores de establecementos vinculados ao sector turístico do territorio que optan á distinción SICTED . Foron preto de 45 persoas as que se sensibilizaron e formaron no eido do acoso laboral e da discriminación e obtiveron as ferramentas necesarias para previlo e actuar frente a situacións comprometidas e denunciables.
OBXETIVOS DO CURSO PLAN DE ACOSO
- Proporcionar información sobre a normativa referida á lexislación de Acoso Laboral que afecta ás empresas e autónomos con traballadores.
- Expoñer as novedades lexislativas recientemente aprobadas e que van a supoñer cambios importantes nos Protocolos de Acoso.
- Facilitar exemplos dos supuestos contemplados na normativa sobre Acoso Laboral e Discriminación.
- Reflexionar sobre os beneficios da implantación dun Plan de Acoso.
- Facilitar pautas sobre a elaboración dos Protocolos de Acoso co obxetivo de cumplir coa legalidade e crear un ambiente que fomente a responsabilidade social corporativa aportando á entidade un valor engadido e manifestando un compromiso da entidade cos seus valores de cumprimiento normativo.
FINALIDADE DO CURSO
- Ofrecer orientación sobre os contidos que deben incluir os Protocolos de Acoso.
- Resolver as posibles dúbidas que se plantexaron en relación coa elaboración e implantación dos Protocolos de Acoso.
- Comentar as principais medidas necesarias para previr, evitar ou eliminar calquer tipo de acoso laboral na entidade.
- Proporcionar exemplos dos procedementos necesarios para tramitar correctamente as situacións contempladas na lexislación sobre Acoso e non discriminación para que poidan resolverse de forma satisfactoria para a empresa e os traballadores.