Lei de Prevención de Perdidas e o Desperdicio Alimentario
Lei de Prevención de Perdidas e o Desperdicio Alimentario
FALADOIROS FORESTAIS
FALADOIROS SOBRE A PAISAXE INTELIXENTE
O GDR19 Asociación Terras de Compostela, no marco do proxecto de Cooperación PAISAXES INTELIXENTES cos grupos GDR Ribeira Sacra-Courel, Deloa, Asdecomor e GDR Costa da Morte, dentro das actuacións a realizar, destacar a de Faladoiros sobre a paisaxe intelixente, Encontros de debate, sobre a paixase intelixente e a sustentabilidade enerxética, a economía circular, o patrimonio xenético vexetal, e o uso multinacional do monte.
XORNADAS DE FORMACIÓN-O VALOR ENGADIDO A PRODUCIÓN AGRARIA
XORNADAS DE FORMACIÓN-O VALOR ENGADIDO A PRODUCIÓN AGRARIA
O GDR19 Asociación Terras de Compostela, no marco do proxecto de Cooperación PAISAXES INTELIXENTES cos grupos GDR Ribeira Sacra-Courel, Deloa, Asdecomor e GDR Costa da Morte, realizará unhas Xornadas de Formación orientadas ao VALOR ENGADIDO DA PRODUCIÓN AGRARIA.
Feira Labrega 2023
FEIRA LABREGA 2023
Un ano máis, no Concello de Brión na Carballeira de Santa Minia o vindeiro venres 15 de Setembro do 2023 celébrase a Feira Labrega.
XUNTA DIRECTIVA EXTRAORDINARIA 07/07/2023
Asociación Terras de Compostela convoca á Xunta Directiva Extraordinaria da Asociación Terras de Compostela, que se celebrará o vindeiro VENRES, dia 07 de XULLO de 2023, as 9:30 horas en primeira convocatoria e as 10:00 horas en segunda convocatoria, a reunión celebrarase no Salón de Plenos da Casa do Concello de Val do Dubra (Rúa Arcai 41-Bembibre).
Proxecto de Cooperacion – PAIXASES INTELIXENTES
A despoboación e envellecemento da poboación en entornos rurais esta a provocar un crecente estado de abandono de cada vez máis núcleos de poboación, que non so afecta as diferentes construcións e espazos públicos das aldeas, senón que tamén a cambios da paisaxe tradicional, polo continuo abandono de terras de cultivo e/ou aproveitamento tradicional do monte e do entorno que as rodea.
A recente vaga de lumes que sufriu a nosa comunidade puxo de manifesto a imperiosa necesidade de intervir dunha forma decidida, e inmediata, na recuperación das paisaxes nos entornos dos núcleos rurais co obxectivo de evitar problemas derivados dos lumes que poden poñer en risco no son as propias aldeas, senón que tamén as persoas que as habitan.
Son moitos os esforzos que se están realizando dende a propia Xunta de Galicia para contribuír a mobilidade das terras agrarias abandonadas, fundamentalmente a través do impulso e desenvolvemento das aldeas modelo e polígonos agroforestais
Os GDR podemos, e debemos, xogar un papel fundamental para contribuír a ese desenrolo destas figuras, a través da concienciación, divulgación, promoción, impulso e desenvolvemento das mesmas.
Co gallo de intervir no eido da recuperación de paisaxes tradicionais, pretendemos contribuír: a desenvolver a mobilidade de terras, a recuperación de cultivos e novas formas de produción en entornos dos núcleos rurais, a deseñar cintos verdes,dinamizar mercados locais, e iniciar procesos de transición enerxética nas aldeas do rural.
Os GDR socios deste proxecto pretendemos levar a cabos procesos de planificación participada para xerar iniciativas piloto de paisaxes intelixentes nos núcleos rurais dos territorios participantes, que contribúan ao desenvolvemento de figuras de mobilidade das terras agrarias como mecanismos para recuperar as Paisaxes Intelixentes. Para iso, cada GDR levará a cabo un proxecto/experiencia piloto como acción individual nese eido, que se verá reforzada e complementada polo resto de accións comúns do proxecto.
Obxectivos
- Fomento da planificación participada para xerar iniciativas piloto de paisaxe intelixente nos territorios participantes, empregando as figuras establecidas na lei de recuperación de terra agraria de Galicia: aldeas modelo, polígonos agroforestais ou agrogandeiros.
(*) Por ex. Un proxecto piloto sería crear un cinto verde e cultivos corta lumes en zonas de montaña como poden ser a recuperación de pastos e/ou combinacións de novos cultivos forestais..
- Impulsar un proceso de planificación participada: impulsar canles e metodoloxías de planificación territorial participada como semente de iniciativas nas zonas participantes (iniciativas forestais, agrícolas, gandeiras, agroforestais, outras).
- Valorar as posibilidades dos distintos territorios en canto parámetros bioclimáticos, agronómicos e de razas de gandaría autóctona e sementes para activar novas iniciativas que contribúan a recuperación da paisaxe.
- Aportar coñecementos e concretar posibilidades máis óptimas das zonas piloto tendo en conta dous tipos de territorio participantes:
- ZONAS FORESTAIS: Tanto de área de montaña como de franxa costeira
- ZONAS AGRÍCOLAS Tanto do interior como de franxa costeira
- Estudar as posibilidades de comercialización de produtos agrogandeiros-forestais e mercados de proximidade.
- Formación e impulso do cooperativismo con enfoques adaptados ás necesidades dos participantes (comercialización, uso de maquinaria, asistencias técnicas, etc.)
- Impulsar a transición enerxética, facendo mais atractivo o medio rural ao poder contar cunha enerxía mais barata para a poboación local e as empresas
Descargables
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 15/06/2023
Asociación Terras de Compostela convoca aos seus asociados á Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Terras de Compostela, que se celebrará o vindeiro XOVES, día 15 de XUÑO de 2023, ás 13:00 horas en primeira convocatoria e ás 13:30 horas en segunda convocatoria, na Sede da Asociación, en Lugar Cibrán, 4 – San Xián de Sales (Vedra), coa seguinte:
SEGURIDADE ALIMENTARIA: MANIPULADOR DE ALIMENTOS e ALÉRXENOS.
Xa rematando a programación do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino, a Asociación Terras de Compostela organizará para o próximo marte 9 de Maio de 2023, no Pazo da Peregrina (Bertamiráns) a partir das 17:30, unha sesión formativa “SEGURIDADE ALIMENTARIA: MANIPULADOR DE ALIMENTOS e ALÉRXENOS”