MESA DA CALIDADE 2023
MESA DA CALIDADE-FORMACIÓN SICTED- TERRAS DE COMPOSTELA DESTINO RURAL
O pasado Xoves 9 de Novembro 2023, na sede da Asociación Terras de Compostela (San Xián de Sales-Vedra), celebrouse a quinta xuntanza da Mesa da Calidade Terras de Compostela Destino Rural, co obxetivo de valorar aos 45 establecementos que se están a formar baixo a metodoloxía do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino (SICTED).
O resultado obtido foi moi favorable xa que de 45 establecementos adheridos a este plan formativo, 40 establecementos continúan a súa formación camiñando para acadar un destino turístico de calidade en todo o territorio de Terras de Compostela.
Dende a Asociación Terras de Compostela, agradecemos a todos os establecementos polo seu compromiso e esforzo extra , xa que eles continúan coas súas portas abertas mentres están realizando a formación.