MESA DA CALIDADE 2022-FORMACIÓN SICTED- TERRAS DE COMPOSTELA DESTINO RURAL

O pasado Vernes 4 de Novembro 2022, na sede da Asociación Terras de Compostela (San Xián de Sales-Vedra), celebrouse a cuarta xuntanza da Mesa da Calidade Terras de Compostela Destino Rural, co obxetivo de valorar aos 40 establecementos que se están a formar baixo a metodoloxia do Sistema Interal de Calidade Turística Española en Destino (SICTED).

O resultado obtido foi moi favorable xa que de 40 establecementos adheridos a este plan formativo, 36 establecementos continúan a súa formación camiñando para acadar un destino turístico de calidade en todo o territorio de Terras de Compostela.

Dende a Asociación Terras de Compostela , agradecemos a todos os establecementos o seu compromiso e esforzo extra , xa que eles continúan coas súas portas abertas mentres están realizando a formación.