Lei de Prevención de Perdidas e o Desperdicio Alimentario

O GDR Terras de Compostela dentro do Plan formativo SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino) celebrára o vindeiro martes dia 10 de outubro o derradeiro  Taller Formativo para a anualidade 2023.

No Pazo da Peregrina-Bertamiráns no Concello de Ames a partir das 17:00 horas, terá lugar o taller formativo Lei de Prevención de Perdidas e o Desperdicio Alimentario.

A lei trata de fomentar boas prácticas dende os produtores primarios, na fase de colleita e recolección dos alimentos, ata os consumidores, xa sexa no fogar ou en bares e restaurantes, xa que o desperdicio de alimentos prodúcese ao longo de todas as fases da cadea.

Obxetivos:

A  normativa ten por obxetivo a prevención e redución das perdidas e desperdicios de alimentos por parte de todos os axentes da cadea alimentaria, establecendo unha xerarquía de prioridades de solución e dando resposta ao obxetivo sobre produción e consumo responsable.

Contidos do Curso:

  1. SITUACIÓN ACTUAL.
  2. BENEFICIOS APORTADOS:REDUCIR, REUTILIZAR,REDISTRIBUIR,RECICLAR.
  3. APLICACIÓN NOS DIFERENTES SECTORES.
  4. BOAS PRÁCTICAS DE REDUCIÓN DE DESPERDICIOS
  5. PLAN DE PREVENCIÓN DO DESPERDICIO ALIMENTARIO.