LEADER 2023-2027

LEADER 2023-2027

O 2 de xuño de 2022 foi publicado no DOG a Resolución do 18 de maio de 2022, pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección do 20 de abril de 2022, no que se aproban as bases reguladoras para a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida Leader de Galicia para o período 2023 – 2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo, para o período de programación 2023 – 2027

Marco Normativo

Normativa aplicable

  • Normativa autonómica:

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG).

Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do13 de xuño, de subvencións de Galicia (RLSG).

Acordo do 20 de abril de 2022 polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na Intervención Leader de Galicia para o período 2023-2027, para a concesión de axudas orientadas á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o período de programación 2023-2027, cofinanciadas polo fondo Feader, e para a aprobación de estratexias de desenvolvemento local, así como a correspondente convocatoria para as anualidades 2022 e 2023 (código de procedemento MR701F).

Resolución do 27 de abril de 2023 pola que se establecen as condicións e os obxectivos para garantir a idónea execución da Intervención Leader de Galicia para o período2023-2027, así como as regras para a elaboración das estratexias e os criterios de puntuación referidos aos territorios que se correspondan coas estratexias de desenvolvemento local que sexan seleccionadas.

  • Normativa estatal:

Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regulan o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas.

Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan Estratéxico e outras axudas da política agrícola común.

Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas de aplicación de penalizacións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

  • Normativa comunitaria:

Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) de España para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) aprobado por Decisión de Execución da Comisión C(2022) 6017 final, do 31 de agosto de 2022.

Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados.

Regulamento (UE) 2021/2115, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da PAC (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural(Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) 1305/2013 e (UE) 1307/2013.

Regulamento (UE) 2021/2116, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) 1306/2013.

Regulamento de Execución (UE) 2022/1475 da Comisión, do 6 de setembro de 2022, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, no que incumbe á avaliación dos plans estratéxicos da PAC e á subministración de información para o seguimento e a avaliación.

Corrección de erros do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) 1305/2013 e (UE) 1307/2013.

Regulamento delegado (UE) 2022/1408 da Comisión, do 16 de xuño de 2022, polo que se modifica o Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, no que incumbe ao pagamento de anticipos para determinadas intervencións e medidas de apoio recollidas no Regulamento (UE) 2021/2115.

Regulamento de execución (UE) 2022/1173 da Comisión, do 31 de maio de 2022, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta ao sistema integrado de xestión e control da política agrícola común.

Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

O Enfoque Leader

O enfoque LEADER persegue unha aplicación do desenvolvemento rural baseado principalmente na participación da propia poboación do territorio, integrando todos os recursos e actores económicos e humanos que na comarca de actuación existan.

O elemento esencial da metodoloxía LEADER é que se trata de “Procesos de abaixo cara arriba”, é dicir, as estratexias ou programas específicos de desenvolvemento rural definense no ámbito local do territorio, e as decisións sobre as liñas concretas de aplicación das axudas e mesmo dos proxectos que se financian son tomadas nese mesmo ámbito por partenariados de axentes públicos e privados (na súa maioría privados por esixencia do programa).

A estratexia de desenvolvemento local é o documento a través do cal o territorio pon en liza esta gobernanza e polo tanto a liña de acción a seguir para acadar os seguintes obxetivos:

  • Fomentar a creación e mantemento de emprego no medio rural.

  • Apoio ás PEMES noutras actividades de diversificación da economía rural, favorecendo a formación, a innovación e aos emprendedores.

  • Utilización eficiente dos recursos naturais e o mantemento, conservación e recuperación do patrimonio cultural, histórico, arquitectónico e medio ambiental e a súa valorización e explotación sostible.

  • Mellora dos servicios públicos e a calidade de vida, que axude a paliar o déficit de oportunidades respecto do medio urbano, con especial atención á poboación mías desfavorecida ou en risco de exclusión.

Axudas

Conecta
Contacto

Cibran, nº 4 – San Xian de Sales
15885 VEDRA
E: info@terrasdecompostela.org
T: 981 818 357

Calidad