O programa Leader -que financia accións de desenvolvemento da economía rural- cumpre trinta anos de funcionamento en Galicia.

A Presidente do GDR19 Asociación Terras de Compostela, M. Guarina Rey Vázquez, acompañada polo Equipo Técnico, Chefa Fernández e Xisela Mosquera, participou no acto dos 30 anos do programa Leader.

O acto conmemorativo estivo presidido polo Presidente Alfonso Rueda que indicou que, nestas tres décadas, dende a súa posta en marcha na Unión Europea en 1991, e baixo esta metodoloxía de enfoque participativo, se promoveron no rural galego, entorno a sete mil trescentos (7.300) proxectos aos que se destinaron 930 millóns de euros de financiamento con unha consolidación de seis mil postos de traballo e a xeración de cinco mil novos.

Alfonso Rueda resaltou a filosofía de estes plans, nos que se fomenta a participación da poboación, da sociedade como protagonista e non solo receptora de fondos. Incidiu no enfoque «de abaixo cara a arriba» que garantiza a participación dos axentes locais e a aposta pola cooperación entre distintas entidades.

A punto de terminar a execución do último plan plurianual (2014-2020), puxéronse en marcha 1.500 proxectos para os que se contou con 71 millóns de euros de financiamento público. Gracias a estas iniciativas empresariais mantuvéronse ou xeraron 4.200 empregos.

Durante o acto de celebración de este trixésimo aniversario, o presidente da Xunta destacou o papel desempeñado polos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), que en Galicia son 24 e agradeceu o compromiso, traballo e profesionalidade dos membros de estos GDR e denominounos aliados para a xeración de riqueza no rural  «Entre todos estamos a construír un rural de futuro».

Algunha das imaxes do acto..

A Presidente, M. Guarina Rey Vazquez xunto co Equipo Técnico (Chefa e Xisela)

Evento 30 anos do Leader en Galicia

A Presidente no evento 30 anos do Leader en Galicia

 

 

 

 

 

 

Guarina recollendo agasallo dos 30 anos de Leader en Galicia

 

 

A Presidente e o Equipo Técnico acompañadas polo Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda

M. Guarina xunto cos Presidentes dos 24 GDRs de Galicia, o Presidente da Xunta de Galicia, o Conselleiro de Medio Rural e a Directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

 

 

 

 

 

Equipos Tecnicos GDRs de Galicia

Chefa e Xisela xunto con membros dos Equipos técnicos dos 24 GDRs de Galicia