FORMACIÓN SICTED: GRUPO DE MELLORA-DIXITALIZACIÓN EN EMPRESAS TURÍSTICAS

A Asociación Terras de Compostela segue  apostando por un territorio turístico de calidade, por iso, seguindo coa formación SICTED, este Martes 18 de Outubro 2022, na sede do GDR Terras de Compostela, (Lugar Cibrán Nº 4-San Xián de Sales-Vedra), celebrarase unha actividade de Grupo de Mellora, onde todos os establecementos que forman parte de dita formación, están convidados.

Esta actuación está subvencionada pola Deputación da Coruña, así como pola Medida LEADER Galicia 2014-2020 (submedida 19.4B).

A xornada formativa está enfocada en destacar a importancia da dixitalización nas empresas turísticas, tendo como obxetivos:

  • Entender como o marketing pode reposicionar o noso negocio.
  • Axudar a desenvolver todo o potencial do negocio.
  • Redefinir a imaxe facéndoa máis actual e atractiva.
  • Dotar a actividade cun alto valor añadido.
  • Racionalizar os prezos para axustar Oferta/Demanda do mercado.
  • Poñer a súa oferta en escaparates máis visibles.
  • Dar a coñecer os valores para axudar a mellorar como marcas persoais e de negocio.

Agardámoste!!!

Cartel GRUPO DE MELLORA 18-10-2022