Experiencia sensorial co pemento de Herbón.

Un convite para descubrir a historia do pemento de Herbón a través dos sentidos.
A actividade comeza cunha visita ao Convento Franciscano de Herbón e un paseo pola Ruta do Pemento para ver as fincas de cultivo de pementos e achegarnos a unha delas.
A experiencia complétase cunha degustación consciente de produtos derivados do pemento de Herbón, con propostas de dinámicas de mindfulness. As persoas asistentes concentraranse intensamente no sabor, na textura, no aroma e no aspecto dos produtos a degustar que serán: queixo, marmelada doce e picante, bombóns e caramelos; acompañados de viño Albariño D.O. Rías Baixas, subzona Ribeira do Ulla.
Acompáñanos a saborear o pemento de Herbón… Natureza e tradición en Padrón!
+ Info. e inscricións: https://www.padronturismo.gal/inscricions/
Actividade cofinanciada pola Axencia de Turismo de Galicia.
