Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo 2014-2020 (EDLP)

O GDR Terras de Compostela publica a EDLP 2014-2020 elaborada en base as notas definitorias da metodoloxía Leader que son as seguintes:

  • Enfoque abaixo-arriba: o plan de desenvolvemento é definido e aplicado polos axentes de cada territorio.
  • Partenariados locais entre axentes públicos e privados: a peza central da metodoloxía Leader ven constituída polos GDR: conxunto de axentes públicos e privados que definen e aplican unha estratexia de desenvolvemento local para o territ Os GDR contan cunha equipa técnica e están dotados de poder de decisión na planificación das medidas e na selección dos proxectos que vaian a ser apoiados.
  • Estratexia definida a nivel local: a actuación dos GDR ten que basearse nun plan de desenvolvemento adaptado ao seu territorio, que responda ás necesidades e potencialidades que este presente.
  • Innovación: entendida non só como innovacións tecnolóxicas, senón como a exploración de novos xeitos de enfrontarse aos retos de cada territorio.
  • Deseño e aplicación multisectorial: o plan de desenvolvemento debe estar baseado na interacción entre os axentes dos distintos sectores económicos.
  • Traballo en rede: o plan para cada territorio ten que ir unido ao establecemento de vínculos con outros territorios rurais.
  • Proxectos de cooperación con outros territorios: tanto galegos como do resto do Estado ou doutros países da Unión Europea.