Convocatoria Leader 2026-2028

 

O 2 de febreiro de 2026, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou as publicou as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da Intervención Leader no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común 2023-2027, así como a convocatoria para o ano 2026.

Esta convocatoria, conta cun orzamento de 28.750.000,00 €para as anualidades 2026, 2027 e 2028. Están cofinanciadas nun 80% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 16% pola Administración xeral do Estado e nun 4% pola Xunta de Galicia.

Trátase de axudas ás que poden optar as entidades públicas de carácter local ou comarcal e as persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, incluíndo nesta categoría ás comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

Son xestionadas a través dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) do territorio galego, que actúan como entidades colaboradoras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural na xestión do Leader. Os proxectos poderán ser de carácter produtivo ou non produtivo, en función da natureza xurídica da persoa que os promova e en función de se a súa finalidade é lucrativa ou non lucrativa.

Como se van xestionar as axudas nesta convocatoria?

As entidades promotoras dos proxectos presentarán, obrigatoriamente as súas solicitudes por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Código de procedemento MR701L.