A Asociación Terra de Compostela, está de noraboa xa que dende o pasado Martes 8 de Novembro a  Diputación Provincial da Coruña  APROBOU DEFINITIVAMENTE a concesión de subvención correspondentes ao programa FOENAA:Convocatoria do programa de Subvencións dirixido a entidades para actividade de promoción económica, durante o ano 2022.

A Asociación Terras de Compostela, empregará esta axuda para seguir coa Formación do Sistema Integral de Calidade Turística en destino (SICTED)2022, xa que un dos principais retos aos que se enfronta Terras de Compostela é o de por en valor o noso rural e convertelo nun destino de reclamo turístico de calidade para os visitantes que se acercan a Galicia, principalmente a través das diferentes rutas do Camiño de Santiago.

Por iso, o sector turístico é clave para a promoción económica da zona, ben sexa xerando emprego, creando novos servizos ou profesionalizando os xa existentes sen esquecer a conservación do noso patrimonio  natural, etnográfico e arquitectónico