COMEDORES RESPONSABLES KM0- Inicio das acción formativas.
Accións formativas en Terras de Compostela
Comedores Responsables KM0, tratase dun proxecto de cooperación que une territorio, persoas e produción local. Desenvolvido entre 2025 e 2027 e coordinado pola Asociación Terras de Compostela, reúne a oito Grupos de Desenvolvemento Rural de toda Galicia, representando 86 concellos e máis dun cuarto da poboación galega. A iniciativa impulsa a colaboración entre centros educativos, comedores colectivos e produtores agroalimentarios de proximidade para dinamizar a economía local e fortalecer o rural.

Accións formativas en Terras de Compostela
Primeiros datos dun programa que comeza con forza!!
Encontro Local “Comedores Responsables Km0”
Presentación do proxecto de cooperación “Comedores Responsables KM0”.

Este proxecto conecta produtores locais e centros de consumo colectivo en Galicia, fomentando unha economía máis próxima, sostible e colaborativo. Inspirado polas políticas europeas do Pacto Verde e a estratexia “Da Granxa á Mesa”, busca apoiar a produción local, reducir o impacto ambiental e revitalizar o rural.
O desafío é grande: o envellecemento da poboación, o abandono de zonas rurais e a dependencia da gran distribución dificultan que os produtos galegos cheguen aos comedores escolares, residencias ou centros de día. Por iso, a recente normativa do Real Decreto 315/2025 impulsa a incorporación de produtos locais, de tempada e ecolóxicos, abrindo unha oportunidade única para dinamizar o sector agroalimentario.
O proxecto abrangue oito Grupos de Desenvolvemento Rural, que cobren 86 concellos de toda Galicia, desde o interior ata a costa, alcanzando máis de 710.000 persoas. A iniciativa aposta por unha colaboración directa entre produtores e centros de consumo, priorizando a proximidade, pero sen deixar fóra a aqueles produtores necesarios para garantir determinados produtos.
O resultado é un modelo de abastecemento innovador e responsable, que combina sustentabilidade, territorio e cultura local, reducindo a pegada de carbono, minimizando o desperdicio e fortalecendo a economía rural. Un proxecto que transforma o alimento nun motor de desenvolvemento e conexión entre persoas, comunidades e territorio
Obxetivos
O proxecto ten como obxectivo principal fomentar o consumo de alimentos de proximidade en comedores de colectividades, especialmente escolares e da terceira idade.
Os seus obxectivos específicos son:
Facilitar o abastecemento local aos comedores.
Apoiar a adaptación á normativa vixente.
Identificar e profesionalizar o tecido produtor local.
Crear e reforzar canles curtas de comercialización.
Poñer en valor a produción agroalimentaria do territorio.
Como resultados previstos destacan:
A implantación do programa “Comedores Responsables KM0” nas zonas participantes.
A creación dunha rede estable de comedores e produtores adheridos ao programa.
A consolidación dun tecido de produtores locais provedores das colectividades.
A entrega de certificacións KM0 aos comedores que cumpran os requisitos establecidos.

