Xaneiro 21, 2026
COMEDORES RESPONSABLES KM0- Inicio das acción formativas.
Accións formativas en Terras de Compostela

No marco do proxecto Comedores Responsables KM 0, a Asociación Terras de Compostela inicia un novo calendario de xornadas formativas dirixidas ao tecido produtivo e a coletividades, co obxectivo de reforzar o abastecemento de proximidade e avanzar cara a comedores máis sostibles, seguros e responsables.
As sesións formativas dirixidas ao tecido produtivo:
- Luns 02/02/2026 en horario de 10:00-13:00 horas, falaremos sobre as Certificacións para os produtores, unha xornada na cal se abordará a aplicación 𝐑𝐞𝐚𝐥 𝐃𝐞𝐜𝐫𝐞𝐭𝐨 𝟑𝟏𝟓/𝟐𝟎𝟐𝟓, 𝐝𝐞 𝟏𝟓 𝐝𝐞 𝐚𝐛𝐫𝐢𝐥 e as súas implicacións para os provedores, así como para realizar unha primeira análise da situación produtiva local, con especial atención aos aspectos lóxisticos.
- Luns 23/02/2026 en horario de 10:30-13:00 horas, abordaremos o tema da Seguridade Alimentaria para produtores, esta formación está concibida para facilitar o correcto manexo e transporte dos alimentos, así como o cumprimento das obrigas normativas en materia de etiquetaxe, rexistros e albárans.
As sesións formativas dirixidas a colectividades:
- Luns 02/02/2026 en horario de 17:00-19:00 horas, falaremos sobre o Abastecemento, unha xornada na cal se abordará a aplicación 𝐑𝐞𝐚𝐥 𝐃𝐞𝐜𝐫𝐞𝐭𝐨 𝟑𝟏𝟓/𝟐𝟎𝟐𝟓, 𝐝𝐞 𝟏𝟓 𝐝𝐞 𝐚𝐛𝐫𝐢𝐥 e as súas implicacións nos centros escolares e as adaptacións necesarias para a súa correcta implantación
- Luns 23/02/2026 en horario de 17:00-20:00 horas, abordaremos o tema da Seguridade Alimentaria, esta formación está pensada para refrescar a formación en materia de seguridade alimentaria para os responsables de comedor.
- Luns 09/03/2026 en horario de 17:00-19:00 horas, a formación centrarase na Nutrición nos comedores , adaptada ao 𝐑𝐞𝐚𝐥 𝐃𝐞𝐜𝐫𝐞𝐭𝐨 𝟑𝟏𝟓/𝟐𝟎𝟐𝟓, 𝐝𝐞 𝟏𝟓 𝐝𝐞 𝐚𝐛𝐫𝐢𝐥 e ao produto local.
A ubicación da formación terá lugar na sede do GDR Terra de Compostela (https://share.google/HkjoUmQqI6TgDBKkr)
Inscricións e máis información: comedoresrkm0@gmail.com / 630 484 944
