Centro Coworking

Financiado con fondos Leader, e co obxectivo de fomentar a creación e a fixación de poboación no rural, concretamento no Concello de Vedra, plantease a recuperación deste vagón cedido polo Museo Nacional de Ferrocarril, que se corresponde co ultimo exemplar da histórica serie 593 de Renfe coñecido popularmente como “camello”.

 

EL CAMELLO HD from fermin blanco on Vimeo.

XII PREMIOS AGADER

Beneficiarios: persoas físicas ou xurídicas de natureza privada.
Categorías: Mocidade, paisaxe rural, proxectos de interese social, turismo, sector agrogandeiro, mulleres, innovación tecnolóxica, recuperación e posta en valor da terra agraria
Premios: Cada premio constará de unha dotación económica de 10.000 €.
Prazo de solicitude: dende o 12 de febreiro ate o 11 de marzo do 2021.
Máis información: DOG

Xuntanza coa Directora Xeral de AGADER

Onte os GDRs da provincia de A Coruña mantivemos unha xuntanza por videoconferencia coa Directora Xeral de AGADER.
Inés Santé Riveira, na que dou traslado do contido da Lei de Recuperación Agraria, que se atopa actualmente en trámite Parlamentario.
O obxectivo final desta lei é recuperar a terra abandonada para novos usos, evitando así o despoboamento do rural.

Read More

Estreamos web

Presentámosvos a nova web de “Terras de compostela, destino fluvial” que visibiza os recursos que hai sobre o terras de compostela como destino fluvial, cos ríos, os sendeiros fluviais, as áreas recreativas e praias fluviais. Escaparate coa información máis importante para poder visitar o destino e gozar do turismo fluvial.

Enoturismo María Manuela. Premios AGADER

Tras coñecerse o fallo do xurado da undécima edición dos Premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural, queremos felicitar a un dos nosos promotores  que resultou galardoado e agradecerlle a súa contribución a prol da dinamización do rural galego.

Na sección de turismo resultou agraciado “ENOTURISMO MARIA MANUELA, S.L.” do concello de Boqueixón.

María Manuela ofrece aos visitantes seis cabanas colgantes de madeira integrados na paisaxe, respectando ao máximo os valores naturais e ambientais da contorna e con capacidade para 18 persoas.

Pero María Manuela, non só é turismo, senón que é unha iniciativa máis global, onde o descanso e a desconexión no medio da natureza combínanse coa viticultura e o pracer de degustar os seus viños da subzona Riberas do Ulla. No terreo onde se instalou este complexo turístico, existe unha plantación de viño albariño en produción, protexida pola D.O. Rías Baixas e está prevista a construción dunha adega para a produción e presentación do viño da propiedade.    

PARABENS!!

https://www.facebook.com/103888784355255/photos/a.104712790939521/386089969468467

Procedemento de Selección de Técnico don Contrato de Interinidade por Maternidade

O Grupo de Desenvolvemento Rural A Asociación Terras de Compostela, vai poñer en
marcha un proceso de selección de persoal técnico a través do portal de oferta de empleo
Infojobs, para cubrir unicamente o período de baixa de maternidade da técnico, para o cal
se requerirá un técnico con experiencia, formación e capacidade para xestionar
expedientes no marco dos programas LEADER. No procedemento de contratación do
persoal garantiranse, en todo caso, os principios de igualdade, mérito e capacidade,
publicidade e concorrencia”.

Read More

Asociación sen ánimo de lucro, modelo de partenariado público e privado, que implica a todos os actores locais, tanto as institucións, como o tecido asociativo así como a sociedade en xeral de seu ámbito territorial.

Contacto

Cibran, nº 4 – San Xian de Sales
15885 VEDRA
E: info@terrasdecompostela.org
T: 981 818 357
M: 689 245 170

Calidade