GDR19 – Participa no Acto Conmemorativo “30 ANOS DO LEADER EN GALICIA”

O programa Leader -que financia accións de desenvolvemento da economía rural- cumpre trinta anos de funcionamento en Galicia.

A Presidente do GDR19 Asociación Terras de Compostela, M. Guarina Rey Vázquez, acompañada polo Equipo Técnico, Chefa Fernández e Xisela Mosquera, participou no acto dos 30 anos do programa Leader.

O acto conmemorativo estivo presidido polo Presidente Alfonso Rueda que indicou que, nestas tres décadas, dende a súa posta en marcha na Unión Europea en 1991, e baixo esta metodoloxía de enfoque participativo, se promoveron no rural galego, entorno a sete mil trescentos (7.300) proxectos aos que se destinaron 930 millóns de euros de financiamento con unha consolidación de seis mil postos de traballo e a xeración de cinco mil novos.

Read More

Asociación Terras de Compostela – ENTIDADE DE “PORTAS ABERTAS” – ASÓCIATE!!!

Terras de Compostela, é unha asociación sen ánimo de lucro que está constituída por entidades do ámbito económico, social, cultural, veciñal, ambiental e profesional do territorio así como polos 10 concellos que formar o territorio (A Baña, Ames, Boqueixón, Brión, Negreira, Teo, Santa Comba, Santiago de Compostela, Val do Dubra e Vedra).


A asociación constitúese coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación, para acadar os fins estatutarios.


Na Asociación rixe o “principio de PORTAS ABERTAS” dende a súa creación, polo que si representas a algunha das seguintes entidades, e estás interesado en formar parte do Grupo de Desenvolvemento Rural, podes solicitar ADHESIÓN e participar activamente como membro da nosa entidade:

Read More

CAMIÑO DE FUTURO – GDR19 Asociación Terras de Compostela

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) en colaboración dos Grupos de Desenvolvemento Rural, está organizando diferentes encontros por toda Galicia dentro da xira “Camiño de Futuro”,  para difundir os distintos instrumentos de apoio a disposición das empresas galegas para aumentar a súa competitividade e crecemento económico.

 

 

Os encontros incluirán a presentación das diferentes líñas de axuda  ás PEMES por parte da Administración autonómica, así como unha mesa redonda de casos de éxito empresarial con PEMES innovadoras do entorno, procedentes de distintos sectores da economía galega.

Read More

Convocatoria Proceso de Selección de TECNICO/A

A ASOCIACIÓN TERRAS DE COMPOSTELA

Convoca: Proceso de selección de persoal para cubrir o posto de: TÉCNICO/A

Para a xestión e aplicación do Programa de Desenvolvemento Local Participativo LEADER, do GDR 19

Documentación

Asociación sen ánimo de lucro, modelo de partenariado público e privado, que implica a todos os actores locais, tanto as institucións, como o tecido asociativo así como a sociedade en xeral de seu ámbito territorial.

Contacto

Cibran, nº 4 – San Xian de Sales
15885 VEDRA
E: info@terrasdecompostela.org
T: 981 818 357
M: 689 245 170

Calidade