Marzo 25, 2022
CAMIÑO DE FUTURO – GDR19 Asociación Terras de Compostela
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) en colaboración dos Grupos de Desenvolvemento Rural, está organizando diferentes encontros por toda Galicia dentro da xira “Camiño de Futuro”, para difundir os distintos instrumentos de apoio a disposición das empresas galegas para aumentar a súa competitividade e crecemento económico.
Os encontros incluirán a presentación das diferentes líñas de axuda ás PEMES por parte da Administración autonómica, así como unha mesa redonda de casos de éxito empresarial con PEMES innovadoras do entorno, procedentes de distintos sectores da economía galega.
Dende Asociación Terras de Compostela, convidamoste ao encontro que se realizara en Lalín (Polígono Industrial Lalín 2000 Rúa E, s/n 36519 Lalín – Pontevedra), na que se contará coa intervención de Chefa Fernández (xerente do GDR19) e que terá lugar o vindeiro mercores día 30 de Marzo de 2022 a partir das 12:00 horas. Ver Programa
Recordatorio, é preciso realizar a Inscripción no seguinte enlace: http://gain.xunta.gal/ eventos/467/camino+futuro+ lalin