Regálate unha tarde para desconectar, respirar e saborear o mellor da natureza no @teo_concello

📅 Venres, 3 de xullo
🕗 20:00 h

Comezaremos cun agradable paseo duns 15 minutos desde a Área Recreativa de Mouromorto ata a finca de arandos Teoberries, onde coñeceremos este espazo da man do seu propietario.

💙 Despois, gozaremos dunha sesión de relaxación e movemento
consciente rodeados de natureza.

🍇 Para rematar, volveremos ao punto de inicio para degustar arandos frescos e deliciosos produtos elaborados con eles: marmelada e madalenas.

🧘‍♀️ Lembra traer a túa esterilla.
⏳ Duración aproximada: 2 horas.
👥 Actividade recomendada para persoas adultas.
🎟️ Gratuíta, con reserva previa.
👉 Reserva a túa praza en: https://www.teo.gal/es/actividades

Actividade cofinanciada poa Axencia Turismo de Galicia.